Filtros de busca

Texto

Clase de solución:

Provincia

Sector destino da solución

Tipoloxía de solución:

Tipos de cliente

Tamaños de cliente

Compartir:

CESGA - FUNDACIÓN PÚBLICA GALEGA CENTRO TECNOLÓGICO DE SUPERCOMPUTACIÓN DE GALICIA

Datos xerais

Avda. de Vigo, s/n, Campus Vida, 15705 , Santiago de compostela,

Tfno: 981 569 810.

www.cesga.es
info@cesga.es

Descrición

O Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) que depende da Axencia Galega de Innovación da Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia e do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), é un organismo cunha traxectoria de máis de 20 anos. O seu obxecto é investigar, fomentar e difundir servizos de cálculo intensivo e comunicacións avanzadas ás comunidades investigadoras galega e do CSIC, así como a empresas e institucións. O Centro foi recoñecido como Infraestrutura Científico Tecnolóxica Singular do Estado.

A Fundación ten como misión contribuír ao avance da Ciencia e a Técnica, mediante a investigación e aplicación de computación e comunicacións de altas prestacións, así como outros recursos das tecnoloxías da información, en colaboración con outras institucións, para o beneficio da Sociedade.

En xeral son fins da Fundación todos aqueles que promovan a investigación e uso do cálculo intensivo, comunicacións avanzadas e desenvolvemento das tecnoloxías da información e comunicacións, como instrumento para o desenvolvemento socioeconómico sustentable, dedicando especial atención ás relacións de cooperación entre os centros de investigación públicos ou privados e o sector produtivo.

Áreas de negocio

Consultoría TI, Outsourcing de servizos de TI, Redes e equipos de telecomunicacións, Servidores e almacenamento, Software, Xestión e integración de datos, Xestión e integración de sistemas.

Principais sectores clientes

I+D, Operadores e Servizos de Telecomunicacións, TIC.

Produtos e servizos