Filtros de busca

Texto

Clase de solución:

Provincia

Sector destino da solución

Tipoloxía de solución:

Tipos de cliente

Tamaños de cliente

Compartir:

SITUM TECHNOLOGIES, S.L.

Datos xerais

Edificio Emprendia, Campus Vida, 15782 , Santiago de compostela,

Tfno: 881 977 059.

www.situm.es
situm@situm.es

Descrición

SITUM considérase unha das 5 startups máis prometedoras para aplicacións móbiles en España (South Summit Oct.2015) e a empresa española líder e máis galardonada en localización en interiores que, en menos dun ano, e  grazas á súa tecnoloxía disruptiva, de alta precisión e 0-infraestrutura, conseguiu, non só alzarse con numerosos premios se non empezar a despregar a súa tecnoloxía, exitosamente, en diferentes clientes reais, entre eles 25 Hospitais e Centros Médicos de Galicia.

SITUM permite ofrecer posicionamento e guiado en interiores para smartphones, grazas á súa tecnoloxía de alta precisión (0,5-3mts) e baixo custo (apenas require infraestrutura adicional),  resultado de 7 anos de Investigación aplicada á optimización dos algoritmos de ubicación desenvolvidos polos 3 Doctores Enxeñeiros co-fundadores de SITUM e expertos en robótica móbil e intelixencia artificial.

Todo elo permitiu que hoxe esa tecnoloxía sexa a única FUNCIONANDO no MUNDO REAL con ese nivel de precisión e con detección automática de planta,  usando todos os sensores que leva calqueira móbil intelixente actual, vía MSDF (Multi-sensor Smart Data Fusion): GPS, WiFi, BLE, Detectores inerciais (Acelerómetro, Xiróscopo), Detectores magnéticos, etc.

Como exemplo da rapidez con que podemos despregar a nosa tecnoloxía, que non require cableado nin complexas instalacións, un dos 25 Hospitais donde acabamos de despregar a nosa tecnoloxía para guiar a pacientes e visitantes é o Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) de Lugo, con máis de 160.000 m2 de superficie. Só tardamos 48h en calibrar todo o complexo. E unha semana en ter listos os 25 hospitais e centros médicos de toda Galicia.

Actualmente estamos a traballar nun sinfín de aplicacións, dende publicidade contextual en función da ubicación ata ubicación e guiado de persoas e empregados en Aeroportos, Museos, Hoteis, Centros Comerciais e Edificios Públicos en xeral, pasando por Seguridade, Fabricación e Loxística.  Agora mesmo estamos a pechar acordos con partners de todo o mundo, para proxectos que abarcan dende os XXOO 2020 de Tokyo ata fabricantes mundiais de Smartglasses, pasando por Plantas de fabricación de automoción, Aeroportos en Latinoamérica e centros comerciais en Centroamérica e USA

Áreas de negocio

Xestión e integración de datos, Xestión e integración de sistemas, Servizos web, Software.

Principais sectores clientes

Administracións Públicas, Industria, Sanidade, TIC, Transportes.

Produtos e servizos