Filtros de busca

Texto

Clase de solución:

Provincia

Sector destino da solución

Tipoloxía de solución:

Tipos de cliente

Tamaños de cliente

Compartir:

R CABLE Y TELECOMUNICACIONES GALICIA, S.A.

Datos xerais

R CABLE Y TELECOMUNICACIONES GALICIA, S.A.

r/ Real, 85, 15003, A Coruña,

Tfno: 981 911 020.

www.mundo-r.com
R-al-habla@mundo-R.net

Descrición

R, o operador galego de comunicacións por fibra óptica, ofrécelles servizos integrados de teléfonía fixa e móbil, internet de alta velocidade e televisión dixital multicanle aos fogares e empresas de Galicia. Dende hai máis dunha década constrúe, rúa a rúa, unha moderna rede de fibra óptica que a día de hoxe chega xa a máis de 910.000 fogares e empresas de 98 localidades galegas, grandes e pequenas. Neste proxecto para Galicia R leva investidos ata a data (peche 2013) arredor de 940 millóns de euros.

Arestora arredor de 71.000 empresas en Galicia son xa clientes de R, o operador de cable con maior proporción de ingresos procedentes do mercado empresarial: un 36%. Ademais, no eido da empresa, R é líder en servizos fixos alí onde ten rede despregada e supera, así mesmo, aos seus competidores, en servizos móbiles.

Áreas de negocio

Consultoría TI, Desenvolvemento de contidos e multimedia, Operadores e servizos de telecomunicacións, Outsourcing de servizos de TI, Redes e equipos de telecomunicacións, Seguridade e privacidade, Servidores e almacenamento, Servizos web, Xestión e integración de datos, Xestión e integración de sistemas.

Principais sectores clientes

Administracións públicas, Banca, Comercio, Industria, TIC.

Produtos e servizos