Filtros de busca

Texto

Clase de solución:

Provincia

Sector destino da solución

Tipoloxía de solución:

Tipos de cliente

Tamaños de cliente

Compartir:

ENXENIO, S.L.

Datos xerais

ENXENIO, S.L.

Carretera Baños Vellos de Arteixo, Edif. San Cristovo, Portal B - 2º Esq., 15008 , A Coruña,

Tfno: 981 913 768.

www.enxenio.es
contacto@enxenio.es

Descrición

Enxenio é unha empresa de desenvolvemento de software que se apoia na investigación avanzada e na innovación tecnolóxica para construír con axilidade solucións que permitan a mellora dos sistemas de información dos nosos clientes.

Enxenio nace ao carón do Laboratorio de Bases de Datos (LBD) da Universidade da Coruña, polo que basea a súa actividade nas principais liñas de investigación deste grupo, centradas na xestión masiva de datos, e máis en concreto en:
  • Sistemas de Información Xeográfica.
  • Estruturas avanzadas e algoritmos de compresión, indización e recuperación de textos.
  • Bibliotecas Dixitais e Xestión de dereitos de Contidos Dixitais.
  • Bases de Datos orientadas a grafos.
  • Recuperación de Información Xeográfica.

Esta labor de investigación do LBD atópase na fronteira do coñecemento, orientándose Enxenio a unha investigación máis aplicada co obxectivo de conseguir resolver problemas complexos co desenvolvemento de software punteiro, sustentado en dúas áreas tecnolóxicas que dan orixe ás súas liñas de negocio, as Bases de Datos Espaciais e as Documentais e Multimedia.

Áreas de negocio

Consultoría TI, Desenvolvemento de contidos e multimedia, Xestión e integración de datos, Marketing dixital, Seguridade e privacidade, Servizos web, Software.

Principais sectores clientes

Ensino.

Produtos e servizos