Aviso legal

Titularidade da web:

CLÚSTER TIC GALICIA, como responsable deste sitio web, pon a disposición dos usuarios o presente documento co que pretende dar cumprimento ás obrigacións dispostas na Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información (LSSI), en particular, conforme ao disposto no seu artigo 10, este sitio web ofrece aos usuarios ou destinatarios do servizo e aos órganos competentes, a seguinte información de forma permanente, fácil, directa e gratuíta:

  • Titular do sitio web: CLÚSTER TIC GALICIA
  • N.I.F.: G70157581
  • Domicilio a efectos de notificacións: EDIFICIO CEM MONTE GAIÁS, 15707, SANTIAGO DE COMPOSTELA, A CORUÑA
  • Datos do Rexistro no que está inscrita: Rexistro de asociacións de Galicia con nº 2009-12764-1
  • Correo electrónico a efectos de notificacións: info@clusterticgalicia.com
  • Nome do dominio web: https://www.clusterticgalicia.com
  • Teléfono de contacto: 881 939 651
Aceptación destas condicións legais

A utilización do sitio web ou a súa navegación non con leva a obrigatoriedade de inscrición ou rexistro do usuario, esta tan só será necesaria para a solicitude de información. As condicións de acceso e uso do sitio web de CLÚSTER TIC GALICIA réxense estritamente pola legalidade vixente e polo principio de boa fe, comprometéndose o usuario a realizar un bo uso do sitio web. Quedan por tanto prohibidos todos os actos que vulneren a legalidade, dereitos ou intereses de terceiros.

Está prohibido o envío de correo masivo non solicitado ou de correo non solicitado (SPAM) dirixido a contas de correo electrónico utilizadas nesta web.

Está prohibida a copia, distribución ou uso separadamente do texto ou resto de imaxes que o acompañan, dos gráficos, iconas, logotipos e imaxes dispoñibles neste Sitio Web.

Está prohibido utilizar esta web con fins comerciais ou de maneira inadecuada atendendo a súa propia finalidade, excepto que exista algunha función especificamente comercial inherente a algún servizo da páxina.

Responsabilidade sobre enlaces e informacións de terceiros:

CLÚSTER TIC GALICIA declara que poderá incluír información sobre terceiros de modo que complemente a información dos seus servizos.

En cumprimento do artigo 17 da Lei 34/2002 de Servizos da Sociedade da Información e do Comercio Electrónico (LSSI), a presente páxina web declara que non ten responsabilidade sobre os enlaces facilitados a outros contidos ou que inclúan nos seus directorios ou instrumentos de busca de contidos:

  • Excepto teña coñecemento efectivo de que a actividade ou a información á que remiten ou recomendan é ilícita ou de que lesiona bens ou dereitos dun terceiro susceptibles de indemnización, ou
  • actúe con dilixencia para suprimir ou inutilizar o enlace correspondente.
Responsabilidade polo funcionamento do sitio web:

Este sitio web foi revisado e probado para que funcione correctamente. Non obstante, CLÚSTER TIC GALICIA non descarta a posibilidade de que existan certos erros de programación, ou que acontezan causas de forza maior que fagan inaccesible a páxina web.

Seguridade e Dispoñibilidade

Dentro dos límites da lei, CLÚSTER TIC GALICIA non se fai responsable de:

  1. erros ou omisións nos contidos
  2. falta de dispoñibilidade da web ou
  3. transmisión de programas maliciosos nos contidos, a pesar de ter adoptado todas as medidas tecnolóxicas necesarias para evitalo.
Propiedade Intelectual

CLÚSTER TIC GALICIA é titular dos dereitos de propiedade intelectual sobre os contidos ou elementos deste sitio web, ou dispón dos permisos necesarios para a súa utilización.

A reprodución dos contidos mostrados a través de https://www.clusterticgalicia.com está autorizada sempre que se cite a súa orixe ou se solicite autorización.

Para realizar calquera tipo de observación respecto a posibles incumprimentos dos dereitos de propiedade intelectual ou industrial, así como sobre calquera dos contidos do sitio web, pode facelo a través do seguinte correo electrónico info@clusterticgalicia.com

Modificacións no aviso legal:

CLÚSTER TIC GALICIA poderá realizar cantas modificacións considere necesarias sobre o contido deste sitio web tanto no referente á información dos seus produtos ou servizos como en relación con calquera outro elemento que forme parte deste. As modificacións entrarán en vigor no mesmo momento da súa publicación.

Idioma dos termos e condicións

Estes termos e condicións están dispoñibles para a súa consulta en Galego, Castelán e Inglés.

Tribunal Competente e Lei aplicable

Ante calquera discrepancia xurdida polos produtos e servizos que ofrece CLÚSTER TIC GALICIA terán competencia os Xulgados e Tribunais de Santiago de Compostela, sempre e cando estea permitida esta submisión expresa, salvo que corresponda outro foro pola condición de consumidor da persoa usuaria.