Clúster
QUEN SOMOS
O Clúster TIC Galicia é unha asociación sen ánimo de lucro que se constituíu o 31 de xaneiro de 2008 para reunir as empresas, asociacións empresariais, colexios, asociacións profesionais e outros axentes do macrosector das Tecnoloxías da Información e das Comunicacións (TIC) da Comunidade Autónoma de Galicia.
Desde a súa posta en marcha, o Clúster traballa para poñer en valor o macrosector TIC galego, impulsando a colaboración entre as empresas, aproveitando a capacidade tractora das máis grandes e a axilidade e a capacidade para a innovación das de menor tamaño.
Plenamente comprometido coa sociedade galega, o Clúster xera sinerxías para favorecer o cambio de modelo produtivo de cara a unha economía baseada na innovación e na produtividade, capaz de crear riqueza e emprego de calidade.
MISIÓN
A misión do Clúster TIC Galicia é xuntar, coordinar e dinamizar os esforzos para incrementar a competitividade, a innovación, a saída a novos mercados, e a cooperación coas administracións, empresas e institucións.
VISIÓN
O Clúster TIC Galicia será o vertebrador do macrosector TIC de Galicia, transformándoo nun modelo de cooperación competitiva.