Rumi
Rumi é un colar de monitorización para gando vacún que recoñece en tempo real as actividades que realizan os animais (pacer, rumiar, comer-xogar, camiñar e descansar) e onde o están facendo a través da localización GPS. O sistema detecta comportamentos anómalos, celos, partos, patoloxías, fugas de finca, etc. e envíalle alertas ao gandeiro a través da app móvil Rumi. A app funciona coma unha ferramenta de xestión de todo o rabaño, podendo engadir e consultar toda a información de cada animal.
Innovacións destacables
- Localización GPS intelixente (ao coñecer cando o animal se despraza ou descansa, envíanse ubicacións máis ou menos frecuentes).
- O colar ten unha placa fotovoltaica que recarga con enerxía solar unha pila, o que lle proporciona autonomía infinita en sistemas extensivos.
- Trazabilidade dende a orixe do leite e da carne a través da tecnoloxía blockchain.
Sectores aos que vai dirixido
GanderíaCaracterísticas
Clasificación tecnolóxica
Android
Blockchain
Circuito impreso
iOS
IoT
Recoñecemento de patróns
Xeolocalización
Tipo de arquitectura
Nube
Ecosistema tecnolóxico
Google Cloud
Modelo de negocio
B2B (Business-To-Business)
Tipo de entidade
Empresa
Ano de constitución
2020
Dimensión
Microempresa
Número de empregados
10 - 49
Mulleres (%)
0% - 24%Técnicos (%)
75% - 100%
Sedes
Abadín
Sedes en provincias galegas
Lugo